OrientaFloriani é un proxecto ideado por 4 alumnos de 1º de bacharelato que ten coma obxectivo facer a escollida de modalidade e materias algo máis sinxela para os novos alumnos.
Para conseguir isto, estaremos dando charlas ao longo do curso con consellos, datos e compartindo as nosas experiencias para as clases de 3º e 4º do curso 21-22. Estas presentacións intenden explicar o sistema de escollida de materias dunha forma máis persoal, sinxela e achegada aos alumnos, dando unha perspectiva refrescante pola nosa proximidade en idade con estes.
En adición, creamos esta web, a cal será actualizada a medida que recibamos preguntas, suxerencias e avancemos no proxecto. Pero, ademáis de documentar o noso avance, esta web servirá coma unha forma de contestar dúbidas do alumnado.
Se non sabes que queres estudar, que debes escoller ou precisas falar coa orientadora sobre a túa orientación académica, contacta por esta web!
Moitas grazas,
Breogán, Tania, Lara e Olivia de 1ºA BACH.
Comments