top of page
Search
Writer's pictureorientación académica grupo 3

Preguntas frecuentes

Updated: May 16, 2022

Nesta sección, contestaremos as preguntas que máis frecuentemente saíron nas charlas e nas vosas mesaxes. A medida que recibamos máis dúbidas, este post estará suxeito a cambios.


1. Que materias teño que escoller para estudar (inserte nome dunha carreira)?

Se buscas unha resposta máis personalizada a túa situación persoal, síntete libre de contactar con nós. Pero OrientaFloriani recomenda que, si tes claro que tipo de carreiras queres estudar, consulte o listado que fai a ciuga con que materias ponderan máis para que carreiras na ABAU.





2. Quero facer un ciclo pero non sei cal escoller.

De novo, para dudas máis específicas e personalizadas, vos animamos a contactar con nós individualmente. Pero, para adquirir un coñecemento básico das opcións existentes, vos deixamos un documento con tódolos ciclos dispoñibles en Galiza.





3. Que ten máis saídas?

Esta é unha das preguntas máis frecuentes e tamén unha das máis longas de responder. Por poñelo en curto: depende, e non é recomendable centrarse só nas saídas para escoller.


Os ciclos están orientados a introducir ás persoas no mundo laboral o antes posible, polo que son máis especializados e prácticos. Os recomendamos para xente que ten moi claro do que quere traballar.


O bacharelato pola contra está orientado a adquirir un título que serve para ben acceder a un ciclo superior ou unha universidade, e polo tanto continuar coa vosa formación. Todas as modalidades son menos específicas, polo que o recomendamos para xente que aínda non decidiu o que quere facer e busca ter estudos superiores.


Dentro do bacharelato temos as modalidades de ciencias, humanidades, ciencias sociais e artes. Segundo a CIUG, en Galiza ten máis saídas o bacharelato de ciencias, pero nós recomendamos que vos guiedes polo que vos gusta realmente e o que vos animaría estudar.


4. Cómo podo escoller entre un ciclo ou unha carrera universitaria ou bacharelato?


Os ciclos só teñen unha duración de dous anos, que non requiren un investimento económico tan grande como no caso dos títulos universitarios e que son eminentemente prácticos, para que, ao remate dos mesmos, o estudante aprenda a desenvolver con facilidade unha profesión específica. Ademais, en xeral teñen unha boa inserción laboral.


Pola súa banda, as titulacións universitarias ofrecen unha formación máis teórica durante polo menos catro anos. Non obstante, poden dar acceso a mellores traballos cun salario máis elevado. Tamén permiten presentarse a un gran número de competicións de rango superior.


5. Soamente podo acceder a unha carrera universitaria con bacharelato?


Aínda que estudar Bacharelato e facer Selectividade adoita ser a forma máis habitual de acceder a un Título Oficial, tamén tes outras opcións.


Se tes cursado un Grao Superior en Formación Profesional, un Grao Superior en Artes Plásticas e Deseño ou tes o título de Técnico Superior Deportivo nalgunha das modalidades e especialidades que se imparten, poderás acceder a un título universitario sen ter que facer a Selectividade.

Se tes máis de 25 anos podes facer unha proba especial de acceso. A proba de acceso para maiores de 25 anos estrutúrase en dúas fases: unha xeral e outra específica.



25 views0 comments

Recent Posts

See All

Comentários


Post: Blog2_Post
bottom of page